Saturday 18 de May de 2024

Asemblea aberta mañá en Iñás para elixir outros dous candidatos


Mañá mércores 23 de novembro, ás 20 horas, celébrase na Casa do pobo de Iñás unha nova asemblea aberta para escoller dúas persoas para formar a candidatura de Alternativa nas próximas municipais. É un proceso totalmente democrático e aberto á participación de todos os veciños e veciñas no que calquera cidadán pode presentarse.

Nas asembleas celebradas en Dexo, Dorneda, Nós, Mera e Oleiros os veciños e veciñas participantes elixiron a Rosa Méndez, Igor Pérez, María José Varela, José Manuel Caridad, Juan Fernández, Belén Taboada, Antonio Molinos, Óscar Brandariz, Marga Figueroa, Pablo Cibeira, Francisco Pita, Teresa Vázquez, César Meilán e David Garrido.